CRTVG

Buscar

Diario Cultural

50 anos de Fuxan os Ventos

17/01/2022 - 17:30 h

En xaneiro de 1972 un grupo de mozos lugueses que facían música xuntos decidiron crear un conxunto de folk. En outono dese ano gañaron o festival das San Lucas de Mondoñedo coa canción 'Fuxan os ventos' que acabou dándolle nome á agrupación. Falamos do aniversario con Xoán Fuertes Saavedra, un dos membros fundadores, e co libreiro lugués José Manuel Valín, que expón no seu escaparate unha pequena mostra de vinilos, casetes, carteis e fotografías do grupo.