CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O mundo do porvir: unhas xornadas do Consello da Cultura Galega arredor de Concepción Arenal

16/10/2020 - 10:39 h

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as xornadas O mundo do porvir: bicentenario do nacemento de Concepción Arenal Ponte. Terán lugar en diversas localidades nas próximas semanas.

O ciclo continúa no Ateneo de Ferrol este venres ás 18 h con Amor, educación e igualdade para o progreso, que contará con María Xosé Porteiro, Celia Pereira Porto, Ana Romero Masiá e África López Souto.

No Diario cultural falamos con Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada e membro da Sección de Pensamento do CCG.