CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Imos ata a exposición do artista Patrick Hamilton en Santiago

16/09/2019 - 17:50 h

No programa de hoxe, Rosario Sarmiento falará do artista Patrick Hamilton, que ten a súa primeira exposición individual en Galicia, na Fundación DIDAC en Santiago.

Artista cunha obra de carácter conceptual. O traballo de Hamilton desde finais dos anos noventa tivo como fío condutor a reflexión e cuestionamiento dos conceptos de traballo, desenvolvemento económico, mito e historia no contexto das últimas décadas en Chile, o país onde vive e traballa a cabalo con España.

Nesta mostra que aglutina, baixo o nome de El ladrillo II, parte dun libro de política económica no que se estableceron as pautas do sistema de libre mercado que foi implementado en Chile pola ditadura militar. A partir do mesmo establece unha reflexión creativa poética, de gran potencia visual sobre conceptos como: equilibrio/desequilibrio, igualdade/desigualdade, regulación/desregulación, individuo/comunidade. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí