CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza a IX edición do Festival Primavera de Cine de Vigo

15/09/2020 - 10:30 h

Arranca a novena edición do Festival Primavera de Cine. O festival de cine de Vigo afronta a súa edición máis austera, con menos actividades paralelas e menos aformaento, e dúas sedes para as proxeccións: o Auditorio Municipal do Concello de Vigo e o museo MARCO. 

A multipremiada Pacificado, do estadounidense Paxton Winters, será a longametraxe inaugural desta novena edición. Unha fermosa e dura historia ambientada nas favelas de Río de Xaneiro durante e despois dos Xogos Olímpicos que pon o foco na humanidade que reside nestes espazos, unha reflexión sobre a paz que leva a cuestionar a posibilidade de alcanzala desde fora cara dentro. 

E como novidade estrea nova sección: Exhibicións especiais: Cinema e compromiso conformada polos filmes Noite Irisada, de Beatriz Vázquez Campaña e Reboiras: acción e corazón, de Alberte Mera.