CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O mundo da cultura rende homenaxe a Rosalía de Castro no 135 aniversario do pasamento da poeta

15/07/2020 - 14:31 h

Fundación Rosalía de Castro conmemora os 135 anos dende o falecemento da poeta galega, con recital poético e actuación musical.

As situación sanitaria obrigou a cambiar o tradicional festival 'Abride a fiestra' por outro tipo de acto. Pero non falta a poesía, a música e os relatorios, coas voces de Cándido Duro, Antón Blanco e Noelia Gómez. A música chega da man de Carmen Dor. Tamén serán protagonistas o director da revista Follas Novas, Xosé Luis Axeitos; a Amiga da Casa de Rosalía, Carme hermida; o promotor da iniciativa Estrela Rosalía, Martin Pawley; e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.

A Real Academia Galega publica o discurso de ingreso dun dos maiores e máis ilustres investigadores de Rosalía de Castro, o escritor Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.