CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Letras Galegas 2023 | A causa política

15/05/2023 - 17:48 h

A xeración de Francisco Fernández del Riego está en gran parte marcada pola guerra do 36, que tronzou todas as aspiracións políticas dunha Galicia galeguista no marco da España republicana. 
Nos anos republicanos, un Del Riego mozo comeza a despuntar como orador e político. Foi membro activo desde moi novo do Partido Galeguista e un dirixente universitario con voz propia. A guerra obrigouno a reinventarse, pero nunca abandonou o seu compromiso co galeguismo, como descubrimos nesta reportaxe.