CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Leilía presenta 'CantarElas' para celebrar o seu 30 aniversario

15/05/2019 - 10:30 h

Leilía presenta o seu espectáculo 'CantarElas' para celebrar o seus 30 anos sobre os escenarios. A música das pandeiretas e as voces das mulleres serán as protagonistas deste novo proxecto.

Nunha época na que parte da cultura galega estaba esquecida apareceron seis rapazas co traxe traidicional e unhas pandeiretas. Ata entón, a gaita era o único instrumento asociado á nosa cultura, pero cunha mirada ao pasado descubrimos que a música tradicional do país chega moito máis alá.

"Ser pandeireteira é ser muller galega", contan as integrantes de Leilía, que sempre loitaron por visibilizar o papel das mulleres na música de raíz e na vida en xeral.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí