CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Escoitamos letras de Rosalía de Castro con música de José Niza

15/04/2019 - 10:50 h

Estreamos hoxe unha homenaxe musical, do trío portugués Espiral, ao gran 'cantor de intervençâo' Adriano Correia De Oliveira. Unha peza ben coñecida, con letra de Rosalía de Castro e música de José Niza, que Fuxan os Ventos incluíra no seu disco Noutrora.

Tamén adiantamos unha das pezas que formarán parte do novo traballo discográfico do grupo Fiandola.

Por último, anunciando os contidos do Lume na palleira do vindeiro domingo, escoitamos as músicas de Henrique Otero, o Gaiteiro do Fragoso; Pablo F. Rial e Rafa Crespo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí