CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Isto si é un home', unha lectura disidente da masculinidade

15/03/2022 - 10:47 h

Armando Requeixo propón a lectura de 'Isto si é un home' (Galaxia).

Francisco Castro presenta en Galaxia o ensaio 'Isto si é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado', un libro no que, desde o punto de vista persoal, reflexiona sobre unha sociedade que esixe que os homes sexan "machos". Fronte a iso, Castro argumenta que non é suficiente con non ser machista, "hai que ser feminista". 

A intención do ensaio pode resumirse en non deixar a ninguén indiferente e animar a unha loita activa dos homes contra o patriarcado. Non está tampouco exenta de polémica esta obra, na que Castro fala en primeira persoa e se posiciona como exemplo de Home con maiúsculas. Con todo, é importante saber que os autores homes se suman a abrir o diálogo sobre o feminismo e as novas masculinidades.