CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Memoria en galego dos campos de concentración franceses

14/12/2022 - 17:31 h

Centos de miles de persoas fuxiron de España nos últimos meses da guerra civil e foron confinados en campos en Francia. Illote P Barraca 16 é o relato da experiencia nos campos de Santiago Rodríguez Salinas, escrito nos últimos anos da súa vida e do que falamos con Eduardo R. Cunha 'Tatán', un dos seus fillos. Aramados. Os meus nove meses polos campos de concentración de Francia é o testemuño que o ordense Manuel García Gerpe publicou na Arxentina en 1941, recollido pola editorial Alvarellos e do que falamos co seu tradutor ao galego, Miro Villar.