CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Música en directo na proxección de 'O gabinete do doutor Caligari'

14/11/2018 - 10:30 h

O cine mudo con música en directo chega a Cineuropa coa proxección de 'O gabinete do doutor Caligari'. A Real Filharmonía de Galicia é a encargada de poñer a banda sonora a esta interpretación. Este filme de 1920 é un clásico do cine expresionista alemán, considerada tamén como a primeira película de terror da historia.

Neste Diario Cultural falamos co catedrático de Historia do Cine Luís Hueso, quen define esta peza como “unha xoia e un deleite”. A posta en valor do cine mudo e o seu achegamento ás xeracións máis novas é un dos obxectivos desta iniciativa.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí