CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo

14/06/2019 - 10:30 h

O dúo folk Raiceira actúa este sábado no Clavicémbalo de Lugo, co chelo de Sabela Vázquez e a voz e percusións de man de Carme López. Falamos con elas neste Diario cultural.

"A formación regrada é esencial para sentar unhas bases, pero despois hai que beber da tradición, aprendendo coa xente, nas improvisacións e foliadas", di Carme López.

"Despois de tantos anos no conservatorio, moitos músicos acabamos queimados e buscamos algo diferente", engade.

Entre as partituras e a formalidade da música clásica, Carme comezou a buscar espontaneidade. Atopou a resposta na música tradicional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí