CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Xerais publica a tradución ao galego de 'Astérix en Britania'

14/05/2019 - 10:30 h

A Editorial Xerais publica un dos álbums clásicos de Uderzo & Goscinny, Astérix en Britania. Temos un total de catorce álbums publicados na nosa lingua. Neste Diario cultural falamos cos tradutores, Xavier Senín e Isabel Soto.

Xavier Senín recorda o momento en que descubriu os libros de Astérix. Era xullo do 1976 cando viaxou a Francia para preparar as súas oposicións de francés. No cuarto en que durmiu había unha colección completa de Astérix. Dende ese momento non puido parar de ler.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí