CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Bruxas: da persecución á reivindicación

14/03/2021 - 09:30 h

A editorial Hércules publica en galego 'Bruxas. A forza invencible das
mulleres', da xornalista suíza Mona Chollet, que recupera os atroces
episodios da caza de bruxas en Europa e reflexiona sobre a pegada desa persecución no noso tempo.

Conversamos con Ánxela Gracián, tradutora do ensaio, e coa historiadora Guillermina Domínguez, que nos achega a historia de María Soliña, muller de Cangas condenada por bruxería no século XVII.