CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Sés presenta o seu novo disco na Radio Galega

14/03/2019 - 10:30 h

Sés publica mañá o seu novo disco, Rabia ao silencio, e comeza xira arredor da nosa terra. Un traballo cheo de cancións latinoamericanas que, no seu momento, pasaron máis desapercibidas e agora volven para abrir novos horizontes musicais á xente máis nova.

Cando somos seguidores da música americana e cantamos letras en inglés, pero non somos quen de recoñecer os grandes músicos latinoamericanos, estamos esquecendo unha parte do mundo coa que compartimos cultura. Esquecemos a súas melodías, composicións e talento.

"Dicía Unamuno que canto menos se le, máis dano fai o que se le. Así que eu creo que pasa o mesmo coa música: canto menos se escoita, máis dano fai o que se escoita", indica a cantautora galega.

"Cando falan de premios e recoñecementos, a min paréceme todo moi frívolo. Eu só coñezo un premio que é un teatro cheo cantando un tema teu", engade.

"Non creo que o mundo sexa só o que nos contan", asegura Sés, quen insiste no papel da música como cronista e narradora da realidade.

"Todos somos humanos e a música é unha manifestación humana. Sempre me apaixonou o ser humano, paréceme dos animais máis complexos e máis interesantes. Todos os días vou buscando nova música e cada vez é máis difícil atopar algo que sexas quen de distinguir", conclúe Sés.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí