CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Tradúcese ao galego o libro 'Se isto é un home', de Primo Levi

14/02/2019 - 10:30 h

O libro Se isto é un home, de Primo Levi, chega ás librerías traducido ao galego por Xoán Manuel Garrido Vilariño na Editorial Xerais.

Esta obra é o testemuño dunha persoa supervivente de Auschwitz e intenta afondar na condición humana. Como prende en nós a semente da intolerancia ata chegar a extremos como o exterminio?

Como foi humanamente posible o holocausto nazi? E, máis concretamente: será posible de novo?

"Cando os discursos deshumanizadores conseguen arrastrar as persoas comúns, aí esta o problema", explica o tradutor Xoán Manuel Garrido Vilariño.