CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Agromantes', cine sobre saúde mental en primeira persoa

14/01/2022 - 17:31 h

O proxecto 'Agromantes' nace dun laboratorio de cine organizado ao abeiro do GAM Compostela, un grupo de axuda mutua de persoas con diagnósticos psiquiátricos. O proceso deu como resultado seis curtametraxes en que se fala en primeira persoa do sufrimento psíquico, das dificultades da vida cotiá, a relación coa familia ou os efectos do tratamento farmacolóxico.

Falamos de 'Agromantes' antes da súa estrea en Santiago con Cora Peña, a coordinadora do laboratorio, e Patricia Rey.