CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Sergio Moure, un compositor coruñés "de película"

14/01/2020 - 17:30 h

Dende A Coruña, e pouco a pouco, Sergio Moure foi poñendo cada vez máis o seu nome nos títulos de crédito dos cines. Dende aquela banda sonora de 'Inconscientes' do ano 2004, que supuxo a súa primeira partitura para o cine coa correspondente candidatura para os Premios Goya e os Gaudí. Despois, músicas para 'Cargo', composta conxuntamente con  Stephen Warbeck, gañador dun Óscar con 'Shakespeare in love', así como outros encargos para televisión como 'Ecos' ou 'Reliquias'.

Despois máis bandas sonoras para longametraxes como 'Un bo home', 'Retornos', 'Secuestrados', 'Lobos de Arga', 'Todo é silencio', 'O corpo' ou 'Tesis sobre un homicidio'.

Xa recentemente, o novo espectáculo 'Leira', de Nova Galega de Danza, ou a película 'Feedback', que se estrea este venres 17 nos Estados Unidos.