CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Achegámonos á pintura de Alejandro González Pascual

13/12/2021 - 17:55 h

Rosario Sarmiento lévanos de visita artística á Coruña, concretamente ó Museo de Belas Artes. Alí está a ser exposta unha colección do pintor coruñés Alejandro González Pascual (1930-1993), unha das figuras máis singulares das últimas décadas do século XX da plástica galega, e da que a nosa colaboradora de arte nos quixo dar parte e aproximación.