Diario Cultural
Chega a Cineuropa a historia de Pedrón, un veciño das Pontes
A historia de Pedrón, un veciño das Pontes, chega hoxe ao Festival Cineuropa, celebrado en Santiago de Compostela. Trátase dunha peza audiovisual dirixida por Ángel Cordero. A través da figura de Pedrón, o espectador adéntrase na parroquia máis grande da localidade e castigada polo despoboamento.