CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza a Semana do Cine Submarino en Vigo

13/11/2018 - 10:30 h

Vigo celebra a súa semana do cine submarino coa proxeccións de películas e documentais que mesturan o mundo do mar co audiovisual. O director deste evento, José Luis González, é un gran apaixonado da fotografía submarina e pon en valor a riqueza e a diversidade das Rías Baixas, así como a capacidade investigadora de Galicia.

O director reflexionou nas ondas da Radio Galega sobre a evolución do tempo e as facilidades que brinda a era dixital para aprender, por exemplo, a realizar fotografías do fondo do mar. Aínda así, asegura que aprender a linguaxe submarina e os comportamentos animais significa acceder a contidos divulgativos e investigacións realizadas por expertos que van moito máis máis alá dos dispoñibles en Internet.

Nesta edición de Diario Cultural tamén nos despedimos de Stan Lee, creador do universo Marvel. A el debémoslle o nacemento de heroes que cambiaron a cultura e seguen vivos no mundo do cine, dos libros e dos videoxogos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí