CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Escoitamos música composta para homenaxear a Antonio Fraguas

13/05/2019 - 10:54 h

Ofrecemos hoxe dous agarimos musicais a Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A primeira delas unha muiñeira composta por Rubén Troitiño que foi gravada conxuntamente por catro agrupacións de Cededo-Cotobade. A segunda unha peza composta e interpretada por Samuel Soto.

Por último, como adianto dos contidos do Lume na palleira do vindeiro domingo, escoitamos o cuarteto Manseliña, que nos presentará o seu primeiro disco, en que traballaron con cantigas medievais e tradicionais do noroeste da Península Ibérica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí