CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro

12/12/2019 - 17:43 h

O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro e a ocasión merece un monográfico.

The Zombies non tiveron a sorte de moitos dos seus coetáneos, malia o seu enorme talento: son autores dun disco referencial e de varias cancións que seguramente moitas persoas recoñecerán sen saber a qué grupo pertencen. Para colmo, disolvéronse xusto antes de que un dos seus temas, "Time of the season", conseguira unha gran popularidade internacional. Ao longo deste século, os seus dous compoñentes fundamentais (o teclista Rod Argent e o vocalista Colin Blunstone) reformaron o proxecto e veñen tocar ao Playa Club aos seus 74 anos e nun bo estado de forma.