CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Facultade de Comunicación acolle un seminario sobre xénero

12/11/2018 - 17:30 h

Hoxe desenvolveuse na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela a primeira sesión do Seminario Permanente de Comunicación e Xénero. O encontro está organizado polo Grupo de Estudos Audiovisuais e está dirixido pola cátedra de Ciencias da Comunicación e Publicidade da USC, Margarita Ledo Andión.

Este seminario busca ser un foco permanente de discusión e formación sobre o papel dos medios na vertebración da sociedade, con especial atención na visibilización informativa e cinematográfica da identidade de xénero.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí