CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Eloy Domínguez Serén preséntanos o seu novo filme

12/07/2019 - 10:30 h

Chega aos cines Hamada, o novo filme do galego Eloy Domínguez Serén. O cineasta presentounos o seu traballo nos estudios da Radio Galega.

Hamada é un documental que narra o conflito saharauí a través da vida das persoas. Unha historia de dureza dende a perspectiva da vitalidade e o humor.

"Penso que a película pon nomes, apelidos e rostros a un conflito que quizais estaba demasiado nas estatísticas e nas cifras. Achéganos a unha realidade que está caendo no esquecemento", asegura o cineasta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí