CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Descubrimos os espectáculos do Galicia Escena Pro 2019

12/06/2019 - 10:30 h

No Diario Cultural coñecemos dous espectáculos que se escenifican hoxe no mercado galego das artes escénicas, en Santiago. Un deles é Pink Unicorns, de La Macana, onde a danza une a un pai e o seu fillo adolescente. Falamos coa directora da compañía, Caterina Varela.

Despois de compartir escenarios, pai e fillo decatáronse de que non se coñecían tanto como pensaban. O espectáculo foi unha descuberta tamén a nivel persoal.

A outra peza é Evolution, de N+1, que se estrea hoxe. Escoitamos a Alfredo Pérez Muíño. Unha obra que narra a historia da humanidade e que nos leva a entender o momento actual. Alfredo traballa co espazo baleiro e sen palabras. Unha creación que incorpora elementos circenses.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí