CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Letras Galegas 2022 | A vida en México

12/05/2022 - 10:32 h

Continuamos coñecendo o itinerario vital e literario de Florencio Delgado Gurriarán. Tras a guerra civil, o poeta valdeorrés tivo que exiliarse en México e abrazou a súa nova vida con vitalismo e moito interese pola cultura do país que o acollía.

Ademais do seu labor como activista político e cultural, en México formou unha familia, cambiou a avogacía polo traballo comercial e escribiu un feixe de 'poemas crioulos' que están entre o máis interesante da súa obra.