CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Próximos repertorios de Triángulo de Amor Bizarro e The Killer Babies

12/03/2020 - 17:46 h

Mentres o virus obriga á suspensión da práctica totalidade dos eventos musicais, a proposta desta tarde bota unha orella á axenda de lanzamentos discográficos, que seguen a producirse estes días.

Nesta liña, hai dúas bandas galegas ben distintas que presentan novo repertorio moi en breve: Triángulo de Amor Bizarro e The Killer Barbies. Pero tamén outros dous nomes importantes para o pop alternativo estatal: o referente Niños Mutantes, dende Granada, e a sensación Axolotes Mexicanos, dende Madrid.