CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Publícase o libro 'Viaxeiros', sobre as migracións dos animais

12/03/2019 - 10:31 h

Hoxe descubrimos as grandes viaxes dos animais, moitos deles desprázanse coas estacións do ano, outros teñen que abandonar a zona onde crían. Un gran número de aventuras que aparecen reflectidas no libro 'Viaxeiros', publicado por Faktoría K, de Kalandraka Editora.

"Fago libros dirixidos a aquel neno que fun", explica Xulio Gutiérrez, autor dos seis libros da colección Animais extraordinarios.

"Somos da xeración de Félix Rodríguez de la Fuente, foi un gran inspirador", conta o ilustrador do libro, Nicolás Fernández.

Coa chegada da primavera, as anduriñas voan ata Galicia. Proceden dende África e chegan guiadas pola experiencia e pola vista. 

"É moi curioso que estes animais teñan unha parte do seu cerebro e unha parte da súa retina conectadas de tal maneira que ven literalmente o norte", explica Xulio Gutiérrez. 

Libros feitos en Galicia en que podemos descubrir como son as viaxes dos animais, dos que chegan e dos que marchan máis alá da nosa terra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí