CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'Dicionario irreal para un país imposible'

12/01/2021 - 10:50 h

Dicionario irreal para un país imposible (Xerais), de Xavier Seoane é un libro singular. Ideado como unha sorte de enciclopedia sui generis, inclúe distintos capítulos arredor dos máis variados temas que se organizan alfabeticamente, pero que non pretenden a exhaustividade, como nun dicionario convencional, senón que son o froito da escolla persoal e sempre orixinal do seu autor.

Mitos, persoeiros, lendas, tópicos e outras realidades son olladas aquí dende o ángulo do sociolóxico e do histórico, tamén do hermenéutico, o simbólico e o antropolóxico, mais sempre con humor, fina ironía, salpresado de retranca e, sobre todo, espírito crítico.

Cóntanos máis sobre esta obra o noso colaorador Armando Requeixo.