CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Ana Cabaleiro vén follear connosco 'Deixádenos remar'

11/10/2021 - 14:45 h

Finalista do Premio Xerais de Novela 2020, a novela de Ana Cabaleiro, 'Deixádenos remar', editada por Xerais, presenta un humilde barrio periférico alterado e turbado pola incursión dunha nova aparición de chalés de luxo e a chegada dos novos veciños dese microcosmos. A escritora e xornalista visita o Diario cultural para debullar as realidades que se derivan deste fío argumental e de todo o que rodea a novela.