CRTVG

Buscar

Diario Cultural

De viaxe á América Latina coa Real Filharmonía de Galicia

11/10/2021 - 10:48 h

Este xoves comeza a longa viaxe musical da Real Filharmonía de Galicia, e polo tanto temos que prepararnos para marchar lonxe, para voar desde a cadeira do Auditorio de Galicia por todo o mundo. O destino desta primeira viaxe vai ser á América Latina, e a encargada de levarnos ata aló vai ser a principal directora convidada, a mestra portuguesa Joana Carneiro.

Con Luis Miguel Crespo escoitaremos música do mexicano Carlos Chávez, concretamente a súa obra Discovery, xunto coas as 5 cancións de Neruda de P. Lieberson, e os Tres bosquexos latinoamericanos de Aaron Copland.