CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Lemos 'Liñas compartidas' e 'O paraugas na raiola e outros relatos'

11/06/2019 - 10:54 h

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de dous libros de contos: Liñas compartidas, un volume colectivo de máis dunha vintena de voces, e O paraugas na raiola e outros relatos, de Paco Rivas.

Liñas compartidas (Toxosoutos) é o resultado do esforzo comunal dos vinte e dous participantes no obradoiro de creación que, baixo o título de Historias no espello, impartiu o narrador Antón Riveiro Coello entre setembro e outubro do pasado ano no concello de Rianxo. O que aquí se ofrece é o froito daquelas sesións de traballo, que se concretan nesta publicación de máis de catrocentas páxinas e dúas ducias de contos, algúns asinados colectivamente e outros de autoría individual, historias ben diversas tanto nas temáticas abordadas coma nos motivos, ambientacións e estilos ensaiados.

O paraugas na raiola e outros relatos (Baía) é un conxunto de oito narracións do profesor, filólogo e escritor norlucense Paco Rivas. Ambientadas nos eidos da beiramar cantábrica, continúan a liña aberta polo autor en Mar..usía. Relatossalpresados (2017) e convídannos a coñecer historias e personaxes nas que non falta o humor, o lirismo, a fabulación, a crítica social, o xogo metaliterario e mesmo a épica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí