CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Cova Eirós, unha porta ao pasado de Galicia

11/06/2019 - 10:30 h

Na Cova Eirós podemos facer unha viaxe ao pasado para descubrir como vivían os nosos devanceiros. Neste Diario Cultural falamos con Ramón Fábregas Valcárcel, director científico do proxecto; e Arturo de Lombera Hermida, codirector da escavación da cova de Eirós de Triacastela.

Durante os últimos once anos foron aparecendo achados que nos revelan un pouco máis da nosa historia. A Cova Eirós é unha porta ao pasado, a través da que vemos unha zona chea de piñeiros, un clima moi frío e neves permetuas e glaciares en Triacastela. 

"Impresionaría mirar fronte a fronte a unha persoa das que vivían na Cova Eirós", din os investigadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí