CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Unha visita ao mundo artístico de Diego de Giráldez

11/01/2022 - 17:30 h

O museo Ramón María Aller, de Lalín, ten aberta e ata o mes de marzo unha exposición co título 'Diego de Giráldez 1990-2021', onde mostra ao público unha escolma do pintor. Recoñecido e distinguido, a obra de Diego de Giráldez está presente en museos de Europa, América, Asia e África, así como tamén en coleccións de relevancia mundial. Cunha pintura que nunca pasa desapercibida, salpicada de moitos e, en ocasións, mínimos detalles e esencias que o ollo humano se ve obrigado a descifrar e comprender. A súa mirada detense na relación do home coa natureza e a contorna. Os obxectos, animais ou persoas logran un carácter simbólico e, en ocasións, surreal grazas aos seus xogos de escalas dentro do naturalismo, a abstracción e o surrealismo. Nós falamos con el.