CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Tres estreas galegas no cine

10/12/2021 - 17:51 h
Beli Martínez convídanos a ver algúns dos filmes galegos que chegan aos cines esta fin de semana: a longametraxe de animación Valentina, dirixida por Chelo Loureiro, o documental Tierra de leche y miel, sobre as feridas da guerra e ¿Qué hicimos mal?, dirixida por Liliana Torres e con Xulio Abonjo no elenco.