CRTVG

Buscar

Diario Cultural

"Leopoldo, o pequeno monstro" é o novo conto infantil da escritora e ilustradora Estefanía Padullés

10/09/2020 - 14:47 h

Leopoldo é o monstro máis pequeno da clase; sempre está a aguantar as burlas dos seus compañeiros e por iso non lle gusta nada ir ao colexio. Pero un día, o seu tío Evaristo consegue que Leopoldo cambie de opinión… E se ser tan pequeno fose unha vantaxe?

Un conto monstruoso para aprender que todos somos únicos.