CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A formación permanente nas Artes Escénicas

10/07/2019 - 10:53 h

Cursos, obradoiros, seminarios con “Ningén nace haprendido”. O verán acostuma ser un bo momento para a formación de profesionais e persoas afeccionadas ás artes escénicas, tanto pola baixada da actividade nos teatros coma polos cursos que ofrecen os festivais nas súas actividades paralelas.

O CDG está a ofrecer unha serie de cursos baixo o lema “Ningén nace haprendido”, un necesario espazo de convivencia, laboratorio creativo e estimulante. Por onde camiña o interese formativo, cales son os efectos e as posibilidades dos espazos de investigación, residencia e aprendizaxe non regrada.

Facemos un repaso polo teatro que vén, o oficio e a necesidade de reciclaxe permanente, a cohabitación e a exploración de recursos creativos en Galicia fóra das escolas municipais, das aulas de teatro universitarias e da Escola Superior de Arte Dramática. Imos ás escolas de verán.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí