CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A novela de 'Blade Runner', xa en galego

10/07/2019 - 10:30 h

A novela de Blade Runner xa está traducida en galego. Factoría K de narrativa, un selo da Editorial Kalandraka, publica Soñan os androides con ovellas eléctricas?, un clásico do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. Neste Diario Cultual temos connosco a Fernando Moreiras, o tradutor da obra.

"Eu son lector de ciencia ficción dende a nenez, así para min poder traducir unha das novelas icónicas do xénero foi un pracer máis que unha encarga de traballo", asegura o tradutor.

Un desastre nuclear provoca a extinción de milleiros de especies de animais. A partir de aí, os humanos desenvolven unha conduta empática cos animais e isto convértese nunha obriga social. "Hai que ter un animal o máis caro e grande posible, a xente que non pode mercar un animal real elixe un de mentira porque o importante é aparentar diante dos veciños", explica o tradutor.

Isto trasládase ao eido das persoas. Como nos relacionamos con outros seres humanos? E como nos relacionamos con cousas que parecen seres humanos?

A película estaba situada nun futurista 2019, mais na actualidade cobra un novo sentido. "A novela transmite unha mensaxe moi evidente: coidar o planeta", di Moreiras, e engade: "Hai un paralelismo co que vivimos agora, estamos vendo como desaparecen especies animais e plantas. A extinción do planeta será culpa nosa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí