CRTVG

Buscar

Diario Cultural

José Chas inaugura unha exposición de fotografía industrial

10/01/2019 - 10:30 h

O Pazo da Cultura de Pontevedra inaugura unha exposición sobre memoria industrial con fotografías de José Chas. Unha viaxe polo patrimonio industrial de Galicia a través da arte e da historia que hai nas ruínas das fábricas.

A influencia do seu pai foi decisiva para que José descubrise a súa paixón dende neno. Así, estudou Belas Artes e especializouse en escultura, onde "o monumento se percibe como algo inalterable ao paso do tempo". 

José Chas decidiu combinar a idea de tempo coa idea de ruína como "mostra de fraxilidade". Esta mestura trasladouna ata un mundo que aparentemente carece de carga poética.

"Non admiramos a industria porque hai pouca distancia temporal", explica o fotógrafo, pero recorda que o acueduto de Segovia era un mero condutor de auga para os romanos e, en cambio, agora ten un gran valor para a nosa historia.

A exposición de José Chas amosa imaxes de diferentes tipos de industria, dende a conserveira e a de cerámica ata matadoiros de industria cárnica e automoción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí