CRTVG

Buscar

Diario Cultural

El Niño de Elche, Mercedes Peón e Óliver Laxe, algúns dos nomes que estarán presentes no Sacra Festival

09/07/2021 - 17:40 h

No programa do Sacra Festival inclúense disciplinas tan variadas como a música, a danza, o cinema, a enoloxía ou a gastronomía. Deste xeito, arte, gastronomía, natureza e viño danse a man nesta proposta cultural única pola súa formulación sostible de integración co medio ambiente e dirixido a todos os públicos, nun evento do que a directora artística do festival, Carlota Pérez, dá conta no Diario Cultural.