CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Entrevista ao historiador Adolfo de Abel Viela

09/05/2019 - 17:33 h

No marco da programación especial das Letras Galegas 2019, María Solar entrevista a Adolfo de Abel Viela, historiador lucense e biógrafo e amigo de Antonio Fraguas.

Antonio Fraguas licenciouse en 1928 en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela e dende entonces comezou a dar clases na universidade ata que conseguiu a cátedra na Estrada. Alí impartiu clases dende 1933 ata 1936, ano en que perde a cátedra por ser militante do Partido Galeguista. 

Adolfo de Abel Viela repara nesta entrevista nos anos en que Fraguas recupera a cátedra e é profesor titulado en Lugo, uns anos ao que o homenaxeado ds Letras Galegas chamaba "os anos da liberdade".