CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Tres compositoras adiantadas ao seu tempo

09/03/2020 - 10:50 h

Da man do noso colaborador en música clásica, Luis Miguel Crespo, hoxe coñeceremos tres exemplos de compositoras que destacaron pola súa obra e por acadar fitos impensables nas súas épocas, pero que a historia silenciou case por completo ata o punto de seren practicamente descoñecidas para o gran público.

Francesca Caccini, Barbara Strozzi e Louise Farrenc son exemplos de como o feito de ser muller fixo que as súas carreiras e as súas obras se viran relegadas a un segundo plano con respecto ás dos seus homólogos masculinos.