CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Imaxes de pedra

08/04/2021 - 10:43 h

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo.

A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos máis innovadores do século XX. A mostra pode verse no Museo das Peregrinación de Santiago de Compostela.