CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Álvaro Gago gravará a súa curta con micromecenado

08/02/2019 - 10:30 h

O director de cine Álvaro Gago visita o Diario Cultural para falarnos dos seus últimos éxitos e proxectos. O seu nome figura entre os candidatos aos Mestre Mateo con Trote e Matria.

"O montador sente o ritmo interno do filme, escribe con imaxes e tenta chegar ás emocións a través das imaxes montadas. É un puzzle moi grande", explica Álvaro Gago, ao que engade: "tiñamos todas as imaxes da película nunha parede para ir traballando".

"O traballo máis difiícil é estar cuestionando todo o tempo as túas propias decisións", asegura o director nas ondas da Radio Galega.

Álvaro Gago comezará a rodar en Vigo a súa próxima curtametraxe, O 16 de decembro. O director pon en marcha unha campaña de micromecenado para gravar este proxecto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí