CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Pardo presenta o seu disco 'Santa Cruz' na Coruña

07/11/2019 - 17:42 h

Este xoves centrámonos na intensa actividade musical de pop e rock nos escenarios galegos. Comezando por Pardo, que presenta o seu disco Santa Cruz no Playa Club (A Coruña). Ademais, Xoel López pecha a súa xira e participa nun traballo de homenaxe ao Mediterráneo de Joan Manuel Serrat.

Os lugueses Holywater seguen ofrecendo concertos en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. E, por último, o grupo madrileño Morgan regresa esta fin de semana a Vilalba e Santiago de Compostela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí