CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Ruxe Ruxe celebra os seus 25 anos ruxindo sobre os escenarios con até 32 bandas

07/07/2021 - 17:31 h

Samesugas, A Banda da Loba, Zënzar, Pakolas, Pauliña ou O Sonoro Maxín son algunhas das bandas que participan no disco doble 25 ANOS RUXINDO: TRIBUTO A RUXE RUXE, versionando as cancións da mítica banda de rock que máis os influenciaron nas súas carreiras.

A presentación do disco tivo lugar este sábado 3 de xullo nun encontro sorpresa para os integrantes de Ruxe Ruxe, que se mostraron moi emocionados. Tanto a idea orixinal e a gravación como o lanzamento do disco, foron iniciativa dalgúns músicos galegos que quixeron mostrarlle aos Ruxe a súa admiración e o seu agradecemento por estes 25 anos de carreira. Nestes tempos raros e difíciles para a música ao vivo e especialmente para o rock, este é sen dúbida o maior acontecemento musical dos dous últimos anos.