CRTVG

Buscar

Diario Cultural

'A lenda do santo bebedor', Joseph Roth en galego

07/03/2022 - 17:30 h

O escritor Joseph Roth naceu en 1894 en Brody, unha cidade hoxe ucraína e daquela, parte do imperio austrohúngaro. Exerceu como xornalista en Berlín e Viena, das que tivo que marchar tras o ascenso de Hitler ao poder. O selo Faktoría K da editorial Kalandraka publica en galego a súa novela A lenda do santo bebedor, unha fábula moderna sobre un vagabundo no París de entreguerras.