CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Domingo Villar presenta o libro 'O último barco'

07/03/2019 - 10:30 h

Neste espazo cultural conversamos con Domingo Villar, que nos presenta o seu novo libro, 'O último barco', publicado pola Editorial Galaxia.

Unha viaxe entre Vigo e Moaña a través da desaparición de Mónica Andrade. Trátase da terceira entrega das andanzas do inspector Leo Caldas e do seu escudeiro aragonés Rafael Estévez. Despois de ler 'Ollos de auga' e 'A praia dos afogados' é o momento de mergullarse neste novo libro.

"Eu teño o costume de ler en voz alta o que vou escribindo e sempre lle lía o meu pai, non en busca dun xuízo, senón en busca dun oído", recorda o escritor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí