CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Exploramos os camiños por mar a Compostela no Museo do Mar

05/08/2022 - 10:32 h

O mito Xacobeo nace no mar. A historia cóntanos que o Apóstolo chegou nunha barca de pedra desde Xerusalén a Galicia, e polo tanto o seu propio camiño parte do mar. Como parte da programación deste ano Xacobeo, o Museo do Mar de Galicia, recorda este fito cunha nova exposición permanente, Camiños por mar a Compostela, centrada nesta e noutras peregrinacións marítimas.